Enxeñaría

Enxeñaría

Temos máis de 20 anos de experiencia no desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables, hidroeléctrica, eólica e fotovoltaica, así como as súas infraestruturas de evacuación (subestacións e liñas eléctricas).

Tamén temos experiencia en proxectos de xeración de hidróxeno verde, estamos en contacto cos principais tecnólogos do sector.

Así mesmo, temos experiencia en tramitación administrativa, solicitude de conexión á rede, solicitude de subvencións e construción das plantas.

Hidróxeno verde

Traballamos no deseño de implantacións para plantas de produción de hidróxeno verde, tanto con electrolizadores PEM como alcalinos.

Temos contacto cos principais provedores de electrolizadores do mercado.

Realizamos colaboracións exitosas na xestión de subvencións para fondos europeos.

Enerxía fotovoltaica

Realizamos o deseño e tramitación administrativa de proxectos de plantas fotovoltaicas desde 1 MWp ata máis de 400 MWp, tamén a nivel internacional.

Usamos ferramentas de cálculo como PVSyst 7.2 para o cálculo de producións e ferramentas para o deseño de disposicións como Virtuosolar, PV Case e PV Design para o desenvolvemento dos proxectos.

Parques eólicos

Realizamos proxectos de parques eólicos e encargámonos dos trámites administrativos, así como a xestión de torres de medición.

Usamos Wasp para o cálculo de recursos eólico e Civil 3D no deseño de viales e plataformas de montaxe..

Liñas e subestacións

Deseñamos toda a infraestrutura de evacuación (subestación colectora, liña eléctrica de evacuación e chegada á empresa) e realizamos a solicitude do punto de conexión á rede, incluíndo a xestión do depósito de avales.

Usamos software de cálculo de liñas como Imedexsa e PLS-CADD.