Produtos

Produtos

Presentamos algúns dos produtos que instalamos. Se o prefires, Tamén podemos configurar calquera solución como kit. Solicita orzamento sen compromiso.

Módulos

Módulos fotovoltaicos coa mellor relación calidade-prezo.

Microinversores

Unha solución sinxela e económica para pequenas instalacións residenciais.

Inversores

Traballamos especialmente inversores híbridos, que permiten o uso de pilas.

Baterías

Baterías de litio compatibles cos nosos inversores.

Módulos fotovoltaicos

En xeral traballamos con módulos monocristalinos de marcas coñecidas como Trina Solar, Seraphim, etc.

TSM-340DE06M.08(II) Honey

Módulo monocristalino de alta eficiencia do fabricante Trina Solar de 340 Wp, TSM-340DE06M.08(II) Honey.

TSM-400DE09.08 Vertex (Black)

Módulo monocristalino de alta eficiencia do fabricante Trina Solar de 400 Wp, TSM-400DE09.08 Vertex (Black).

Microinversores

Os microinversores están especialmente deseñados como unha solución sinxela e económica para instalacións de pequena potencia, permitindo a conexión directa dos módulos fotovoltaicos co conseguinte aforro no cableado de continua e unha fácil montaxe.. Presentamos algunhas das solucións de APSystems, aínda que tamén traballamos con outras marcas.

YC-600 (600 W)

A solución máis sinxela e económica para pequenas instalacións de 2 módulos fotovoltaicos.

DS3-DS3L (730-880 W)

A evolución do YC-600, cunha nova arquitectura que permite 2 módulos de nova xeración e maior potencia.

QS1 Boosted (1400 W)

A solución de microinversor máis potente da gama, permitindo a conexión de 4 módulos.

Inversores

Toda a gama coa solución clásica de inversores para instalacións fotovoltaicas residenciais, industriais e grandes plantas de venda á rede. Aquí presentamos o fabricante Huawei, pero tamén traballamos con outras marcas.

Gama Residencial
SUN2000-2/3/3.68/4/4.6/5/6KTL-L1

Inversores híbridos monofásicos para instalacións residenciais.

Gama Industrial
SUN2000-12-20/33/36/40/60/100KTL

Inversores trifásicos para instalacións de maior potencia, xeralmente industriais ou gandeiras.

Baterías

As baterías LUNA 2000 permiten unha gama de almacenamento desde 5 kWh ata 30 kWh.

A batería de litio Huawei Luna2000 é un acumulador de alto voltaxe compatible cos inversores Huawei KTL monofásicos L1 e os KTL Trifásicos M1..

Consta dun controlador ou BMS na súa parte superior e dun módulo acumulador de 5 kWh que é ampliable con ata 2 unidades máis, para alcanzar 10 kWh ou 15 kWh.

Dispón de protección IP65, 10 anos de garantía e unha expansión total de ata 30 kWh.